Anuncios
Ticker de novas

A Cento Cien celebra este fin de semana en Gondomar a súa VII concentración moteira

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // VI Concentración Motoclub A Cento Cien.

O Moto Club A Cento Cien e o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, organizan este fin de semana a VII Concentración Moto Club A Cento Cien. O evento desenvolverase nunha carpa instalada xunto o campo de fútbol de As Cercas, con zona de acampada no Pavillón de Deportes Municipal e posibilidade de aloxamento en establecementos próximos ao centro urbano para participantes e visitantes.

Ao longo dos tres días que dura o evento, o 15, 16 e 17 de xuño, desenvolveranse múltiples actividades entre as que destacan as rutas moteiras, unha delas na medianoite do sábado en memoria dos compañeiros falecidos nas estradas. Dentro do programa tamén haberá tempo para visitar o mercado de Gondomar, xogos, maxia, exhibicións de Dani Pérez e un concerto de Patinama. E non pode faltar a comida e as festas nocturnas amenizadas por DJ Fredy.

VENRES 15
19:00 Apertura inscricións, bebida e bolsa.
22:30 Pinchada de benvida inscritos.
00:00 Actuación PA TI NA MA.
01:30 Festa na carpa con Dj Fredy.

SÁBADO 16
09:30 A 10:30 Almorzo inscritos en carpa.
10:30 Visita mercadillo de Gondomar.
11:00 Apertura inscricións, bebida e bolsa.
14:30 Xantar inscritos, catering.
17:30 Xogos moteiros, animados por Volvoreta.
18:00 Festa da espuma.
19:00 1° pase Exhibición Dani Pérez 24.
20:00 Actuación mago Deimi.
21:00 2° pase Exhibición Dani Pérez 24.
22:30 Cea inscritos, catering.
00:00 Ruta fachos polos moteiros caídos.
00:30 Festa a cargo Dj Fredy.
01:30 Sorteos e regalos.
02:00 Festa a cargo Dj Fredy.
03:00 Sorteos e regalos e festa Dj Fredy.

DOMINGO 17
09:30 A 10:30 Almorzo inscritos en carpa.
11:30 Ruta con pinchada.
14:00 Entrega trofeos.
14:30 Xantar inscritos, catering.
16:00 Fin da concentración 2018.

Anuncios