Anuncios
Ticker de novas

Vilariño celebra as festas de San Antonio

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Antonio en Vilariño.

O barrio de Vilariño, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio. O venres 15 ás 21:00 horas unha gran tirada de lumes marcarán o inicio dos festexos, e ás 23:00 horas comezará a verbena, amenizada polas orquestras Ritmo Joven e Fania Blanco Show.

O sábado 16 ás 18:00 horas terán lugar as grandes “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, e pola noite, ás 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Superfama e Israel.

O domingo 17 a programación comezará ás 10:00 da mañá cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de San Miguel, que ás 11:00 ofrecerá outro pasarrúas na Carrasca. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Antonio acompañada pola mesma Banda de Música. Ás 19:00 horas terán lugar as cucañas e ás 20:00 horas haberá un espectáculo de maxia.

Anuncios