Anuncios
Ticker de novas

Bicivoadores Val Miñor celebra o domingo a súa II BTT

Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra colaboran na II BTT Club Deportivo Bicivoadores Val Miñor que se organiza o domingo 17 de xuño cun percorrido de 45 quilómetros de dificultade media-alta e saída dende o Concello de Nigrán ás 9:30 horas. Paralelamente celebrarase unha andaina de 10 km. As inscricións están abertas ata este xoves á medianoite cun prezo de 10 € e 5 € respectivamente e, parte desta recadación, será destinada á Alianza Española de Familias de Von Hippel-Lindau, unha enfermidade rara canceríxena. As inscricións deben facerse mediante ingreso na conta ES43 2100 4790 4202 0020 5641 e posterior envío do xustificante de pago ao correo electrónico bicivoadoresvalminor@hotmail.com. A marcha incluirá 3 avituallamentos sólidos e líquidos, duchas e lavado de bicicletas.

Anuncios