Anuncios
Ticker de novas

Faladoiro con Ramón Villares arredor do libro “Identidade a efectos patrios” en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle este mércores 13 de xuño ás 20:00 horas un faladoiro con Ramón Villares arredor do libro “Identidade a afectos patrios” (Editorial Galaxia). Presentarán o acto Emilio Xosé Ínsua e Carlos Méixome.

“O obxectivo deste ensaio é descubrir valores, prácticas e símbolos que cohesionan unha comunidade, de modo que importan menos os feitos históricos e máis os procesos de construción deses símbolos e valores, nos que se advirten ademais momentos de mutación, de resignificación e dunha funcionalidade cambiante”.

Ramón Villares Paz (Xermade, 1951). Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. É un dos historiadores galegos con maior prestixio, autor de máis de setenta publicacións. Presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006.

Anuncios