Anuncios
Ticker de novas

Andrea Pais proclámase campioa galega Sub 20

FOTO: AGUSTÍN JUNCAL // Andrea Pais no Campionato Galego de Clubs 2018.

A Federación Galega de Atletismo organizou este domingo os Campionatos de Galicia Sub 20 e Sub 23 de pista ao aire libre nas pistas da Malata en Ferrol. A baionesa Andrea Pais Rodríguez fíxose co título autonómico en 400 metros Feminino Sub 20. A deportista do Atletismo Feminino Celta conseguiu unha marca de 58.91. No podio estivo acompañada por Miriam Otero Martínez, do Lugo RC Ramos Loures (1:01.41) e Vanessa Juncal Sanjurjo, do CA Santiago (1:06.78), segunda e terceira respectivamente.

Anuncios