Suspendido o I Serán de Praia América

A Comisión de Festas Virxe do Carme de Praia América informa que o seu I Serán, previsto para esta tarde a partir das 17:00 horas no campo de fútbol de Monte Lourido, queda suspendido polo mal tempo. Así mesmo, anuncian que o evento, que entre outros grupos contará coa participación de Os Terribles de Donas, trasladarase ao próximo sábado, 16 de xuño. Tamén haberá filloas á pedra, bocadillos e prezos populares e moito máis.

Anuncios