4º Festival de Bandas de Escola da Agrupación Musical de Belesar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este sábado 9 de xuño, a Agrupación Musical de Belesar organiza o 4º Festival de Bandas de Escola, coa colaboración do Concello de Baiona e da Deputación de Pontevedra. Nesta nova edición participarán a Banda de Música da Esmu. de Vilaboa, a Banda Escola da UVED de Candeán e a Banda da Escola da Agrupación Musical de Belesar. Será ás 18:00 horas no Centro Cultural de Belesar.