Colorincho de Gondomar ofrece este verán obradoiros de guitarra e cerámica e arte bilingüe

A ludoteca Colorincho de Gondomar ofrece para este verán diversas actividades para os máis pequenos, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. De 10:00 a 11:00 haberá un obradoiro intensivo de guitarra, de 11:30 a 12:30 un obradoiro de cerámica, e de 11:00 a 13:00 arte bilingüe. Os interesados poden reservar praza ata o 20 de xuño nos teléfonos 986 284 243 ou 664 417 300 ou no correo electrónico colorincho@gmail.com.