Sin categoría

Preto de 90 inscritos no 9º Torneo Escolar de Bádminton do Val Miñor

A Concellería de Deportes de Baiona, a Federación Galega de Bádminton e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organizan este venres 8 de xuño no Pavillón Municipal unha nova edición do Torneo Escolar de Bádminton do Val Miñor.

Son preto de 90 inscritos repartidos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculinas como femininas. Habilitaranse catro zonas de xogo distintas e por categorías para desenvolver o máximo número de partidos entre todos os asistentes, unha tarde de bádminton e lecer na que primen os valores de compañeirismo e diversión antes que a competición.

O torneo comezará ás 16:00 horas e prolongarase ata as 18:30 horas, realizando a continuación un sorteo de material deportivo entre todos os participantes. A organización pon a disposición de todos os escolares o material necesario para a competición así como a entrega dun avituallamento a todos eles.