Sin categoría

Gondomar recibirá 23.000 euros para gasto corrente novo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de case 300.000 euros destinadas a 8 concellos da provincia para realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo, os concellos que forman parte desta relación aprobada polo goberno provincial son Covelo, Gondomar, O Grove, Oia, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa, que poderán realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Gondomar recibirá 22.917,09 euros para gasto corrente novo.

Con esta nova relación, xa son 44 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 2.608.481,55, o que supón o 65,21% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.