O xuvenil do Baíña FS xoga este domingo a final de copa provincial

O equipo xuvenil do Baíña Fútbol Sala xogará este domingo a final provincial de Copa. O equipo baionés logrou acceder á final despois de vencer ao Marín, campión de liga, o pasado sábado nun partido de semifinais moi igualado. O equipo que dirixe Luis López chega a esta final no seu mellor momento da tempada e enfrontarase ao Vigo. O partido celebrarase en Marín o domingo ás 11 da mañá. O club poñerá un autobús para os xogadores, familiares e afeccionados que queiran acompañar ao equipo.