Interrupcións da subministración eléctrica en Nigrán por traballos de mellora e mantemento

Unión Fenosa informa de posibles interrupcións da subministración eléctrica este domingo 3 de xuño en Nigrán, entre as 7:00 e as 11:00 horas aproximadamente, pola realización de traballos de mellora e mantemento na rede de distribución. As rúas afectadas serán Cadaval, Camiño Oliveira, Oliveira, A Mamoa, Rúa da Mamoa, Pedrosas, Baleazas, Condomínguez, Navás, Pombal, Penedo, Recosto, Sanromán e Camiño do Monte.

Unión Fenosa lembra que estas liñas considéranse en tensión polo que a subministración pode repoñerse en calquera momento. Está prohibido manipular as redes de distribución a toda persoa non autorizada. Para calquera dúbida ou consulta está dispoñible o teléfono de atención ao cliente: 900 111 999.

Anuncios