A Comisión de Festas San Antonio de Vilariño organiza unha paellada popular

A Comisión de Festas de San Antonio de Vilariño celebra este domingo 3 de xuño ás 13:30 horas unha paellada popular no CEIP Carlos Casares. O prezo é de 15 euros/persoa e inclúe paella en sartén de barro, bebida, postre e café (prezo infantil 8 euros). Durante a mesma actuará o grupo Pros&Ma.