Anuncios
Ticker de novas

O Restaurante Rocamar entra no Salón da Fama de TripAdvisor

Susana Rodríguez, Xerente do Restaurante Rocamar.

O Restaurante Rocamar xa forma parte do Salón da Fama de TripAdvisor, a maior web de viaxes do mundo. Esta distinción consolida así as valoracións positivas dos comensais sobre o establecemento baionés no devandito portal, o que lle permitiu obter o Certificado de Excelencia durante cinco anos consecutivos, condición indispensable para entrar neste selecto grupo de negocios.

“Estamos moi satisfeitos con este novo recoñecemento porque supón un paso máis respecto ao Certificado de Excelencia”, sinala Susana Rodríguez, xerente do Restaurante Rocamar, quen engade: “Para nós é un reto manter este grao de confianza cada ano, pero traballamos duro para seguir cumprindo as expectativas dos nosos clientes”.

Produto, servizo e paisaxe

Para outorgar o Certificado de Excelencia téñense en conta a calidade e cantidade das opinións publicadas en TripAdvisor no último ano. No caso do espazo baionés, os comensais destacan a óptima calidade dos seus peixes e mariscos, o exquisito servizo ofrecido e as súas privilexiadas vistas ás Illas Cíes.

Estas óptimas referencias sitúan ao Restaurante Rocamar como un dos espazos culinarios predilectos do Val Miñor, tanto por usuarios locais como por turistas procedentes de Portugal, Francia, Inglaterra e mesmo de EEUU, por iso é polo que entre os seus clientes atópense figuras como o Rei emérito Don Juan Carlos, que visitou o restaurante o pasado mes de marzo, Julio Iglesias, Lucía Bosé, Emilio Aragón ou xogadores do R.C. Celta de Vigo, como Roncaglia e Pape Cheikh.

Anuncios