O infantil feminino do CB Baiona proclámase campión da Copa Primavera

Este domingo o equipo infantil feminino do Club Baloncesto Baiona proclamouse campión da Copa Primavera vencendo ao CB Tui no partido de volta por 44 – 61. Esta vitoria súmase ao triunfo conseguido polos mozos a semana pasada, o que completa o dobre campionato de Copa en categoría infantil.

Á marxe dos resultados, o máis satisfactorio para o club é ver o bo desenvolvemento que están a levar os equipos. O traballo dos adestradores é fundamental para conseguir ese obxectivo prioritario, que é a formación dos xogadores.

Recoñecer tamén o traballo do sénior masculino, que quedou a un só punto de pasar á final no partido de volta que lle enfrontou ao equipo Rías Baixas.

O mesmo día 27, celebrouse pola mañá no Pavillón Municipal a clausura das Escolas CB Baiona, onde, unha tempada máis, tívose un éxito de participación e competición en todas as categorías, desde Baby-Basket ata Alevíns.