
Este sábado celebrouse o Campionato Galego Cadete a Sénior de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal de Caión, na Laracha, provincia da Coruña, no que o Club de Patinaxe Artística de Gondomar estivo representado na categoría Júnior por Andrea López Rodríguez.
A patinadora saíu a pista con espectacular entrega que demostrou nos seus programas, curto e longo, cos cales a súa puntuación logrou alcanzar o 4º posto no Campionato Galego e así clasificarse para o próximo Campionato de España que se celebrará na Coruña o 28, 29 e 30 de xuño.
Os duros adestramentos, a tenacidade e enerxía que caracteriza á patinadora levouna a clasificarse na Coruña, onde se atopaba arroupada polo seu adestrador David Figueroa.