Membros de Cidadáns Val Miñor estarán o sábado nunha carpa informativa na Ramallosa

O Grupo local de Cidadáns Val Miñor terá instalada este próximo sábado 26 de maio unha carpa informativa na Ramallosa (enfronte da capela de San Campio).

Nesta localización, membros da agrupación xunto a afiliados e xunto á coordinadora de Cs na zona, Fabiola Cavalier, estarán presentes desde as 10:30 e ata as 14:00 horas atendendo a todo aquel que se achegue e queira información sobre a actividade do grupo na localidade así como para poder facilitar a todos os cidadáns que así o desexen, que poidan integrarse no partido e compartir o proxecto.

«A todo aquel que se achegue convidaráselle a cubrir unha enquisa do Partido e explicaráselle o noso traballo, reunións e actividades coas Asociacións Veciñais, entidades deportivas e empresariais da zona», comentou a coordinadora de Cs no Val Miñor.