Presentación da toponimia de Chaín e visita guiada pola parroquia

Este sábado, 26 de maio, ás 18:00 horas no Centro Cultural “A Merced” de Chaín, terá lugar a presentación «A toponimia de Chaín». Haberá unha visita guiada dende o Centro Cultural para percorrer O Castelo, O Padrón, Faxide, Paraboa, A Mourisca, O Pedrouco, a Igrexa, e, de novo, regresar ao Centro Cultural nas Mercedes. A duración será aproximadamente de dúas horas. A presentación no Centro Cultural realizarase unha vez rematada a visita guiada.