Clausura das Escolas Deportivas en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Patinaxe.

O Pavillón de Deportes de Gondomar acolle o sábado 26 de maio ás 17:00 horas a festa de clausura das escolas deportivas do Concello, organizadas desde a Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, e a Deputación de Pontevedra.

Contarase con diferentes exhibicións deportivas dunha duración de 20 minutos cada unha. A primeira exhibición é a da escola de tenis de mesa, seguida das de balonmán, tenis, baloncesto, taekwondo, fútbol, patinaxe, judo e acrobática, esta última ás 19:50 horas.

O broche final da clausura vén da man dos clubs invitados: Club Flic Flac, Club Eixo Gondomar e Club Patinaxe Artística Gondomar.