
O Concello de Baiona xa ten todo preparado para celebrar este domingo o II Mercado Antigo de Sabaryz, co que se conmemorará o 521 aniversario do Mercado de Sabarís, un dos máis antigos de Galicia ao ser autorizado polos Reis Católicos en 1497. Desde as 10:00 ata as 21:00 horas, na Praza Victoria Cadaval e ao longo da Avda. Julián Valverde, haberá artesanía, gastronomía, música, danza, animación de rúa, obradoiros infantís, humor, maxia, exposicións e moito máis.
- 10.00H. Seis disparos de salvas, anuncian o comezo do Mercado Antigo de Sabaryz.
- 11.00H RECINTO DO MERCADO
Pasarrúas inaugural a cargo do Grupo de Gaitas «A Seneira» de Baiona. - 11.00•14.00H. Apertura dos obradoiros infantís: O recuncho do pintor, malabares, xogos tradicionais e instrumentos musicais a cargo de Matrácala, actividades lúdicas e recreativas.
- 11.00•14.00H. LOCAL O TRASNO
Apertura das Mostras: «Os Oficios Antigos» e «O proceso do liño».
Colección particular de Avelino Sierra e coa colaboración do empresario Agapito Comesaña Otero. - 12.00H Pasarrúas a cargo de Kepler T&T. Seres imaxinarios ao son da música, facendo pasar un bo rato ás xentes do lugar.
- 13.00H. PRAZA VICTORIA CADAVAL
Show do bufón «Gossip Medieval» da man do cómico Popín Palomero. - 16.00H. RECINTO DO MERCADO
Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas «A Seneira» de Baiona. - 16.30•19.30H. Apertura dos obradoiros infantís: O recuncho do Pintor, malabares, xogos tradicionais e instrumentos musicais a cargo de Matrácala, actividades lúdicas e recreativas.
- 16.30•20.30H. LOCAL O TRASNO
Apertura das Mostras: «Os Oficios Antigos» e «O proceso do liño».
Colección particular de Avelino Sierra e coa colaboración do empresario Agapito Comesaña Otero. - 17.00H. PRAZA VICTORIA CADAVAL
Espectáculo cómico circense a cargo de Kepler T&T. - 18.00H. RECINTO DO MERCADO
Pasarrúas a cargo de Kepler T&T. Seres imaxinarios ao son da música, facendo pasar un bo rato ás xentes do lugar. - 19.00H. PRAZA VICTORIA CADAVAL
Show de maxia a cargo do Mago Marco. - 20.00H. RECINTO DO MERCADO
Pasarrúas a cargo de Kepler T&T. Seres imaxinarios ao son da música, facendo pasar un bo rato ás xentes do lugar. - 20.30H. PRAZA VICTORIA CADAVAL
Espectáculo de fogo a cargo de Kepler T&T. - 21.00H. Seis disparos de salvas darán por rematado o Mercado Antigo de Sabaryz.