Anuncios
Ticker de novas

Os Rillasepas reúnen a 200 moteiros no décimo aniversario da súa Motochurrascada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // 10ª Motochurrascada Os Rillasepas.

A Peña Motera Os Rillasepas puxo un ano máis o cartel de completo na súa Motochurrascada, que nesta edición cumpriu o seu décimo aniversario, coa participación de 200 moteiros chegados de toda España. O evento arrancou ás 12:00 do mediodía deste sábado coa apertura da zona de acampada no Centro Cultural de Doas, en Gondomar.

Xa pola tarde, os moteiros fóronse concentrando desde as 16:00 horas para realizar unha ruta pola contorna, que comezou preto das 17:00 horas dirección Gondomar, para logo pasar por Vincios, Chaín, Monte Aloia, Chenlo e Tui, e finalizar cunha pinchada no Parque Natural do Monte Aloia.

De volta en Donas e despois da realización de diversos xogos, celebrouse unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezou cun almorzo ás 9:00 da mañá, finalizando o evento cunha nova ruta e pinchada ás 11:00 horas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios