
Este xoves celebrouse en Ponteareas o V Torneo Escolar de Xadrez Ramiro Sabell, pertencente ao circuíto galego de promoción, no cal proclamouse campión na categoría absoluta o xogador do Laroca Tino González, que partindo do cuarto posto no ranking inicial, rematou invicto con 5.5 puntos de sete posibles, grazas ás catro vitorias e tres táboas.
Por outra banda este fin de semana celebrarase en Vilagarcía o IV Campionato Galego de Xadrez Lóstrego con partidas dunha duración de 3 minutos cun incremento de 3 segundos por movemento, e o VIII Campionato Galego de Rápidas, partidas de 10 minutos de duración máis un incremento de cinco segundos por movemento, no cal o Laroca terá varios representantes.