
O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros conmemora este domingo 20 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno Márquez. Ás 19:30 horas celebrarase a entrega de premios do V Certame Literario do Día das Letras Galegas e a continuación, MisturArt Teatro da Asociación Cultural de Chapela poñerá en escena “Oito”.