
As diferentes fortalezas da provincia de Pontevedra son as protagonistas no último vídeo clip do dúo Cómplices, “Un lugar para el mundo”, tema composto por Teo Cardalda e que forma parte da banda sonora da campaña turística da Deputación.
Así, podemos contemplar impresionantes paisaxes do patrimonio fortificado da provincia, as torres e castelos como os de Soutomaior, Sobroso (Mondariz), Baiona, Goián (Tomiño), A Lanzada (Sanxenxo), Tebra (Tomiño) e A Guarda. Todos eles vanse a comezar a impulsar dunha maneira máis activa, para diversificar e desestacionalizar as actividades turísticas, e por outra para aumentar a afluencia de persoas visitantes a novos recunchos de Pontevedra.
Ademais podemos ver espectaculares vistas rodadas en Praia América, Nigrán, tanto ao comezo como ao final do vídeo clip.