O Gondomar CF convoca eleccións á Presidencia da entidade

Unha vez cumpridos os catro anos de mandato, desde a Xunta Directiva do Gondomar Club de Fútbol convocaranse eleccións á Presidencia da entidade. Ábrese un período para que as persoas interesadas en facerse coas rendas do Club para o próximos catro anos, maniféstense, ben comunicándollo a calquera membro da Xunta Directiva ou ben escribindo unha carta á dirección do Club: Avda da Feira s/n – 36380 Gondomar.

O prazo ábrese a partir da aparición na prensa desta nota e finalizará ao comezo da Asemblea para a elección, a cal será o domingo 17 de xuño ás 11:00 en primeira convocatoria, 11:30 en segunda e ás 12:00 en terceira, a cal se desenvolverá no Centro Neural de Gondomar, no edificio da Policía Local.

“Desde esta Xunta, queremos agradecer a todas aquelas persoas (socios, directivos, técnicos e xogadores) así como a todas as empresas e institucións que colaboraron durante este período e animalos a seguir colaborando e traballando por este Club con 104 anos de vida”, sinala Alfonso Mandado, actual Presidente.