
O domingo día 20 de maio, ás 17:00 horas no Auditorio V Centenario de Baiona, terá lugar a primeira gala benéfica a favor de Bai.senpulgas organizada pola escola de baile Galicia en Danza. A entrada é gratuíta e haberá unha caseta da protectora para o que queira colaborar. Haberá sorteos con moitos agasallos.