Ferida leve a condutora dun vehículo que caeu á praia da Madorra en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN // Estado no que quedou o vehículo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu ás 14:50 horas de hoxe unha chamada de alerta por mor dun vehículo que caeu sobre o Areal da Madorra, en Nigrán.

Como consecuencia do impacto, a condutora resultou ferida, aínda que de carácter leve. Igualmente, a muller puido saír do turismo polos seu propios medios, polo que descartouse a intervención do equipo de excarceración.

Non obstante, ao lugar do accidente acudiron os membros do GES do Val Miñor, a Policía Local de Nigrán e os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias.