Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar na VII Carreira Master Concello de Gondomar

O Club Ciclista Gondomar organiza o vindeiro domingo 20 de maio a VII Carreira Master Concello de Gondomar, este ano puntuable para a Copa Galicia Master. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello.

A carreira, con saída desde Gondomar, realizará un circuíto de 15 quilómetros con subida a Chaín, Morgandáns, Peitieiros, Couso e volta a Gondomar. Para as categorías de Master 50 e Master 60 a carreira finalizará na volta 4 ao chegar a Gondomar cun percorrido de aproximadamente 60 Km. As categorías Master 30 e Master 40 darán 5 voltas ao circuíto cun percorrido total de aproximadamente 75 quilómetros.

Haberá premios para os 3 primeiros clasificados en cada categoría ademais de especiais Meta Volante no segundo paso da carreira por Gondomar e premio Montaña no terceiro paso da carreira polo Alto de Couso no km 41. Tamén se premiará o mellor equipo da carreira.

As inscricións pódense realizar a través da web www.clubciclistagondomar.org ou no propio día da carreira de 8:00 a 9:30 horas. Cada corredor deberá abonar 10 euros. A recollida de dorsais será de 8:00 a 9:30 no Concello de Gondomar.

Anuncios