
A Coral Polifónica Baiona A Real participará este domingo 13 de maio no VI Certame Galego de Corais Vila de Arbo, que se celebrará a partir das 18:00 horas no Auditorio Segundo Gil Davila. Tamén acudirán o Coro Gaos, o Coro Música Viva, a Coral Polifónica Santa María Adina de Portonovo, a Coral Polifónica de Beluso e a Coral Anduriña de Coruxo.
A obra obrigada nesta edición no concurso é “Volta axiña”, con música de Don Ángel Viro Camaño e letra de Mariluz Villar.
O Primeiro premio está dotado con 900€, o segundo con 400€, o terceiro con 200€ e o premio Fecoga á mellor interpretación da obra de concurso serán 500€, todos eles cos seus correspondentes diplomas acreditativos. Diploma de participación para o resto das corais que non obteñan premio.