Sin categoría

Festas na honra da Virxe dos Remedios e San Isidro en Couso

Este venres 11 de maio a actuación dos grupos La Huella de Segovia e Aramio abrirá as festas na honra da Virxe dos Remedios e San Isidro na parroquia gondomareña de Couso.

O sábado 12 ás 12:30 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Isidro seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Novos Aires de Couso. Pola noite, as orquestras Jesuralén e Televisión serán as encargadas de amenizar a verbena.

O domingo 13 ás 12:30 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe dos Remedios seguida de procesión acompañada pola charanga Vai de Baile.