O gondomareño Artai Bringas campión do XVIII Torneo de Xadrez Concello da Guarda

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA // Artai Bringas no XVIII Torneo de Xadrez Concello da Guarda.

Este pasado sábado celebrouse o XVIII Torneo de Xadrez Concello da Guarda, pertencente ao circuíto galego de promoción. Na categoría absoluta proclamouse campión con 6’5 puntos de sete posibles o laroqueiro gondomareño Artai Bringas, que partindo do décimo posto do ránking e cedendo soamente unhas táboas na quinta partida, acadou o primeiro posto.

Na categoría sub 14 destacar o sexto posto da xeral de Ricardo López, que partindo do 14 posto no ránking e grazas aos catro puntos de sete posibles perdendo dúas partidas co primeiro e terceiro clasificado da xeral e dúas táboas.

Por outra parte os laroqueiros Artai Bringas e Ana Fernández foron seleccionados como primeiros suplentes pola Federación Galega, para formar parte nos Campionatos de España sub 16, que se celebrarán o próximo mes de xuño en Padrón.

Anuncios