Anuncios
Ticker de novas

Nigrán ofrece este venres a obra de Virabolta Títeres “Vida, crimes e prisión de Toribio Mañón”

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación cultural de maio, ofrece este venres 11 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a representación de Virabolta Títeres “Vida, crimes e prisión de Toribio Mañón”. Trátase dunha recreación con formas do teatro popular onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX.

Dedicado ás Letras Galegas, este mes cobra especial importancia no Concello de Nigrán o teatro e a música; con representacións no Auditorio Municipal de Teatro do Ar (días 17 e 19), Virabolta (11 e 25) e Juan María (26) ou contacontos na Biblioteca (18); e música en directo co primeiro festival “Toleamos” do CEE de Panxón (12), o concerto do acordeonista de Priegue Roberto Comesaña  no novo parque Xosé Vázquez Grela (18) ou a Banda da Loba no Auditorio Municipal (20).

Anuncios