Baiona celebra o sábado o 7º Festival Bai de Muiñeiras

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festival Bai de Muiñeiras.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, en colaboración coa Escola de Danza Vila de Baiona, organiza este sábado 12 de maio o 7º Festival Bai de Muiñeiras, que comezará ás 18:00 horas no Praza do Concello coa actuación dos grupos folclóricos Punteirolo (Vila de Cruces), Os Penediños (Atios-O Porriño), Ancoradoira (Culleredo), a Escola de Danza Vila de Baiona, Pandereteiras do Monteboi e Grupo de Gaitas A Seneira (Baiona). Previamente, ás 17:30 horas, haberá un pasarrúas e baile conxunto de todos os grupos participantes no Porto Pesqueiro e na Alameda Carabela Pinta. En caso de choiva o evento trasladarase ao Auditorio V Centenario.

Anuncios