Sin categoría

O Trofeo Pirelli AMF Motorsport, referencia no Rally Rías Baixas

O Rally Rías Baixas celebrará a súa 52 edición cun novo pleno de inscrición no Campionato Galego de Rallies. Finalmente 150 equipos completaron unha lista de inscritos na que destaca pola súa ampla participación o Trofeo Pirelli AMF Motorsport. A esta terceira cita do calendario autonómico chega encabezando a clasificación xeral Francisco Pazos, cun refacho de dúas vitorias consecutivas nas dúas probas disputadas ata o momento. Os principais rivais do piloto de Moraña, o lucense Rubén López, o caldense Francisco Cotón e o naronés Rubén Gandoy, tentarán evitar unha nova vitoria do líder.

En total case vinte equipos cursaron a súa inscrición dentro do Trofeo Pirelli AMF Motorsport, sendo o campionato promocional máis numeroso da lista de inscritos e onde a igualdade entre todos os equipos está a brindar algunhas das disputas máis emocionantes de cada cita do calendario autonómico. É bo lembrar que esta competición admite a vehículos de dúas rodas motrices, con motor atmosférico de ata 2.000 cc, tendo unha preparación moi limitada en canto a aspectos crave como a admisión e caixas de cambio (non estando permitidas, por exemplo, as de dentes rectos). Téntase con iso conter os custos e facer sustentable esta copa a un gran número de orzamentos. Como aliciente extra, entre os oito primeiros de cada rally repártense 1.510 € en premios (correspondéndolle 500 ao gañador).

Espérase que as boas condicións climatolóxicas favorezan unha gran afluencia de público a unha cita que volverá poñer á cidade olívica no epicentro do automobilismo galego xa desde o venres, coa disputa dun primeiro tramo. Para a xornada do sábado, a escuadra Rías Baixas designou oito especiais a dobre pasada coas que completará un percorrido de case cen quilómetros contra o cronómetro.

Para seguir o rally

VENRES 11 MAIO
Verificacións no Pavillón de deportes de Porriño
Cerimonia de saída na r/Príncipe de Vigo a partir das 18:30
Tramo A – “Gondomar” ás 19:43
Parque de asistencia situado en Samil

SÁBADO 12 MAIO
Saída rally ás 7h30 desde Samil
Tramo B – “Mondariz” ás 8:18 e 11:26
Tramo C – “ Sabaxáns” ás 8:44 e 11:52
Tramo D – “Salceda” ás 17:31 e 20:49
Tramo E – “Porriño” ás 18:27 e 21:46
Final do rally a partir das 22:25 en Samil

Resultados en directo en… www.temposfga.eu