Xuntanza perruna para reclamar un espazo en Baiona para os cans e cadelas

O vindeiro domingo 20 de maio ás 18:00 horas na Praia dos Frades convocan unha reunión para reclamar e reivindicar un espazo en Baiona para os cans e cadelas. “Por iso imos xuntarnos cos nosos cans e cadelas para seguir reclamando o espazo que o Concello de Baiona prometeu pero que as veciñas aínda non gozamos, se o Concello non goberna para as veciñas, as veciñas organizadas conseguiremos o que é noso”.