Xornadas formativas en novas tecnoloxías para empresarios e comerciantes de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Presentación das xcornadas formativas en novas tecnoloxías para empresarios e comerciantes de Baiona.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o Presidente de Aceba, Marcos Comesaña, e Roberto Valverde, xerente de mybusiness up, presentaron esta mañá no Salón de Plenos unhas Xornadas Formativas en Novas Tecnoloxías para empresarios e comerciantes da Real Vila. É importante entender e asumir que estamos inmersos e estamos a vivir no medio da Revolución Dixital. Hoxe, o mundo é totalmente diferente ao de hai 15 anos. A tecnoloxía cambiou todo, mesmo ao consumidor.

O comercio local está obrigado a transformarse para poder seguir subsistindo. Xa non é suficiente con ter o noso negocio nunha rúa con moito paso de persoas, tampouco é suficiente con ter traballados os nosos escaparates, temos que avanzar cos nosos negocios e realizar unha inmersión no mundo dixital e aproveitar as novas ferramentas e medios que este mundo ponnos ao alcance da nosa man.

Por iso, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios ACEBA, concienciados desta realidade, decidiron organizar unhas pioneiras xornadas formativas totalmente gratuítas para todos os empresarios e empresarias e todas aquelas persoas do municipio que estean a valorar o emprender. Trátase da primeira vez que se vai a poñer en marcha este tipo de iniciativa no municipio. Unhas xornadas formativas nas que se lles ensinarán novas tácticas e o emprego de ferramentas fundamentais para calquera negocio e comercio a día de hoxe.

Entre os contidos que se van a tocar nas xornadas destaca:

  • Como conseguir recensións de clientes para os seus negocios ou produtos. As recensións convertéronse na publicidade do boca a boca, hoxe en día todos antes de reservar un hotel, ou ir a un restaurante que non coñecemos consultamos as recensións que deixaron outros clientes con anterioridade. Sen ningunha dúbida, as recensións son o maior foco de atracción para poder conseguir a día de hoxe novos clientes en calquera tipo de negocio ou comercio.
  • A importancia de xestionar nosa propia ficha de empresa en Google.
  • O uso das Redes Sociais e a achega de valor cara aos posibles clientes, a importancia de realizar concursos, eventos, ofertas, mostrar produtos, ou simplemente lanzar preguntas.
  • Como facer que os escaparates, as cartas dos restaurantes, os servizos que ofrecen os comerciantes e negocios de Baiona poidan ser visibles máis aló desa rúa na que se atopan.
  • A importancia de recentes e novas ferramentas como WhatsApp Business para as empresas. E como poder sacar o máximo proveito destas ferramentas gratuítas.

Estas xornadas formativas impartiranse ás 20:30 horas na Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen, 20) en 3 días: o martes 15 de maio “A transformación de Comercio Local – Dálle ao ON”, o martes 22 “O Segredo para conseguir clientes por Internet” e o martes 29 “A fórmula: (Google+Facebook) x Whatsapp”.

Durante a presentación o Alcalde encomiou a posta en marcha das xornadas e destacou que “en Baiona temos un comercio de gran calidade que con esta formación pode sacar moito máis rendemento ao seu negocio. Estes novos coñecementos axudarán á dinamización do comercio na Vila e crear un valor engadido aos negocios”.

Roberto Valverde, ademais de impartir as xornadas, encargarase do seguimento das accións levadas a cabo polos empresarios para realizar unha avaliación de aquí a tres meses.

Anuncios