Castro e Ladeira celebra o Día das Letras Galegas cun certame literario e o seu VI serán

FOTO: PEPE COSTAS // IV Serán das Letras Galegas en Sabarís.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís celebra este sábado día 12 de maio o Día das Letras Galegas no interior da Praza de Abastos. Ás 20:30 horas está convocado un Certame Literario e Concurso de Poemas para os máis pequenos, con premios para os mellores, e a partir das 21:30 horas, un serán no que grupos de gaitas e pandeiretas dos arredores amenizarán a velada. Haberá cantina a prezos populares.

Anuncios