Sin categoría

Remata a liga galega de xadrez para o Laroca con grandes resultados

O pasado fin de semana rematou a liga galega de xadrez 2018, na que os equipos do Xadrez Laroca obtiveron uns grandes resultados.

Na primeira división o equipo do Laroca A, grazas ao empate ante o Xadrez Ourense C, con puntos conseguidos por Fran e Artai, remataron no cuarto posto da xeral con 23 puntos.

Na segunda división o equipo do Laroca B rematou a liga no noveno posto con 18 puntos, sufrindo unha derrota por 1’5-2´5 ante o Albatros A, puntos conseguidos por Araujo e as táboas de Guillermo. O outro representante na segunda división, o Laroca C, tamén foi derrotado no seu desprazamento a Pontevedra polo mesmo resultado, puntos conseguidos por José Manuel e as táboas de Ana. Con este resultado os laroqueiros remataron no quinto posto da xeral con 25.5.

Por outra banda este fin de semana comezou en Noia o XIII Circuíto Galego de Promoción, na que tivo unha gran actuación na categoría de sub 14 o laroqueiro Ricardo Fernández, que partindo do posto 15 no ranking inicial rematou no sexto posto con 4´5 puntos.