A Garda Civil de Pontevedra inicia o vindeiro luns, día 7, en Baiona, unha campaña de repartición e distribución de chapas institucionais nos centros de ensino, que inclúe unha mensaxe, a modo de slogan, contra o acoso escolar: “Para meterte cun compañeiro – Comigo non contes”.
Con esta iniciativa preténdese reforzar a sensibilidade dos mozos para erradicar o acoso escolar, no marco do “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas”.
As chapas repartiranse durante unha charla informativa sobre acoso escolar que impartirán dous efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, aos alumnos de 5º e 6º de primaria no CPI Cova Terreña (de 9:40 a 10:40 horas).
Ao finalizar a charla está prevista unha exposición de material e medios de distintas unidades de Seguridade Cidadá, Seprona e Servizo Cinolóxico.

