A Deputación achega a Baiona 40.000 € para o 525 aniversario da Arribada

O Concello de Baiona recibirá 40.000 € da Deputación de Pontevedra para o 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta. Un total de 29 concellos da provincia serán os beneficiarios das achegas de 1.446,723 euros, aprobadas pola Xunta de Goberno, ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos. Esta liña de axudas está destinada a realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Con esta achega son xa 40 os concellos beneficiados por esta iniciativa que, en total, reciben 2.219.870,96, o que supón o 55,4% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

Anuncios