A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe celebra este domingo 6 de maio o Día da Nai. Homenaxearase a unha nai en representación de todas as nais da parroquia e a todas as nais presentes entregaráselles un agasallo. Ademais actuará o grupo de voces e corda Son do Val. Será a partir das 19:30 horas no Salón de Actos do Centro Cultural.
Mañufe celebra o Día da Nai con Son do Val

