Cantos de taberna en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Asociación Cultural Centáurea organiza este sábado 5 de maio unha xornada de cantos de taberna en Gondomar, na que participará o grupo de canto popular do Centro Cultural de Peitieiros e Leña ás Ferreñas do Centro Social Fuscalho de A Guarda. O itinerario comezará ás 21:00 horas en A Galiña do Ardora, para continuar ás 21:40 na Cafetería Keik e finalizar ás 22:20 na Xamonería Catro Camiños.