Charla sobre a xestión das redes sociais para pais e nais en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Escola de Nais e Pais.

O luns 7 de maio continúan as xornadas da Escola de Pais e Nais, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Gondomar. Nesta sesión, que comezará ás 18:00 horas na sala de formación da Biblioteca Municipal, haberá unha charla para adultos impartida por axentes do Cuartel da Garda Civil de Gondomar sobre a xestión das redes sociais. Non é necesaria inscrición previa.

Anuncios