Araújo explica nun vídeo a situación do goberno municipal de Gondomar

O voceiro de Manifesto Miñor e actual Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Antonio Araújo, explica nun vídeo a situación pola que atravesa a política municipal de Gondomar. Afirman que o rexedor, Paco Ferreira, “decidiu prescindir das nosas achegas ao goberno, freando, atrasando e mesmo bloqueando os nosos proxectos e iniciativas”.

Como exemplo poñen a Praza de Abastos, o Regulamento de Participación Cidadá, o Centro de Día, o PXOM ou o aparcadoiro de autocaravanas. “Fai falla máis consenso e máis diálogo, que soamente se consegue falando, escoitando e acordando, acordos que, por suposto, teñen que ser respectados e cumpridos”.

Anuncios