O barrio de San Cibrán en Donas celebra as festas na honra da Virxe

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe no barrio de San Cibrán en Donas.

O barrio de San Cibrán, na parroquia gondomareña de Donas, celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe. O venres 4 de maio darán comezo coa verbena a cargo do grupo Noche de Estrellas e o trío La Noche. O sábado 5 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Vai de Baile, que pola noite amenizará a verbena xunto co grupo Triunfo.

Anuncios