Concerto PunkInfantil no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

A Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, programa para este venres 4 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Lois Tobío un novo concerto enmarcado dentro da conmemoración do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música, esta vez dedicado ao público infantil. A entrada é gratuíta ata completar aforamento.

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos. Charlatana Coop. Galega de Artistas produce a nova tolemia de Peter Punk e Brais das Hortas.

Anuncios