A OMIX de Baiona tramita as solicitudes dos Campamentos de Verán 2018 da Xunta

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, dirixida por Beatriz González Pérez, informa de que a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia abriu o prazo de solicitudes dos Campamentos de Verán 2018, destinados a mozos con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.

Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fóra da Comunidade Autónoma, e contémplanse descontos no prezo, tanto para os posuidores do carné xove, como para as familias numerosas. O prazo de solicitudes está aberto ata o 18 maio, e poden tramitarse na OMIX, sita no 2º piso da casa consistorial, con teléfono 986 385 925.

Anuncios