Sin categoría

Obradoiro de Cestería na Casa Colorida

O próximo domingo 13 de maio a Casa Colorida (Rúa Rosalía de Castro 16, Nigrán) acolle un Obradoiro de Cestería no que se coñecerán os principios básicos deste oficio artesán desde a praxe. Nel achegaranse técnicas de tecido con fibras vexetais e ademais os participantes levarán para casa unhas pezas ben chulas. Forrarán botellas con fibras de diferentes cores e tamén farán pequenos candeeiros.

O obradoiro desenvolverase de 10:30 a 18:30 horas e estará impartido por Julia de la Cal – La Parabólica, deseñadora, artesá e parceira colorida. O prezo do obradoiro é de 40 euros ou 30 Faircoins. Tamén hai a opción de prezo familiar (1 adulto e 1 crianza), de 60 euros ou 50 Faircoins. Inclúe os materiais de tecido e os participantes poderán levar a botella que máis lles guste, sempre que sexa de base redonda.

Máis información e inscricións en casacolorida.net, no correo electrónico julia@laparabolica.com ou no teléfono 699 616 929. Poderán participar adultos e crianzas a partir de 8 anos. As prazas son limitadas e non é necesario ter coñecementos previos de cestería. Ademais a Casa Colorida ofrece un xantar vexetariano, para quen lle apeteza, cun prezo de 5 euros ou 5 Faircoins.