Sin categoría

Dura pugna entre vascos e cántabros polo Campionato de España de J80

Dura pugna entre vascos e cántabros polo Campionato de España de J80 que este domingo viviu a súa segunda xornada en augas da baía de Baiona, enmarcado no Trofeo Repsol do Monte Real Club de Yates.

Nun día de ceos encapotados, moitos ballóns e mar revolto, os cántabros do Maui Jim Sunglasses, do Real Club Marítimo de Santander, lograron achegarse a apenas un punto dos vascos do AD Garatu, que seguen líderes a pesar de asinar hoxe un quinto e un sexto posto nas dúas mangas disputadas.

“Asinaríamos antes de saír o poder acabar a xornada así, como líderes”, aseguraba o patrón dos guipuscoanos, Iker Almandoz, tras finalizar as probas de hoxe. “A regata empeza de novo mañá e vai estar moi divertida, porque hai barcos que están a pelexar moi forte polo campionato. Só podo dicir que o ambiente é boísimo e que hai moitas tripulacións navegando realmente ben”.

Favorecido pola aplicación dun descarte, outro equipo santanderino, La Gallofa, apropiouse esta tarde da terceira posición do campionato, da que desbancou ao Okofen de Javier de la Gándara que, en quinta posición, segue sendo o mellor situado de toda a frota galega.

E completa o top five da clasificación, en cuarto posto, outro barco cántabro, o Mercury do olímpico Jaime Piris, que busca repetir un título que lograron en 2011 tras quedarse ás portas o ano pasado, no que foron subcampións.

Outros dos monotipos que se disputan o Trofeo Repsol do Monte Real, os J70, volveron competir este domingo no fondeadoiro das Illas Cíes, onde se disputaron dúas probas con condicións moi cambiantes, con moito vento por momentos e calmas noutros.

O Noticia de José María “Pichu” Torcida sentenciou a xornada cunha brillante actuación e dous primeiros postos que lle serviron para elevarse da cuarta posición á cabeza da clasificación. O Marnatura de Luis Bugallo, que viña primeiro, caeu ao terceiro posto e o Marina Rubicón, de Alfredo González, mantense segundo.

Na competición dos cruceiros, que afrontaron un percorrido máis longo que na etapa inicial, navegando ata o faro de Tofiño, as tripulacións que ían en segunda posición lograron saltar ao primeiro posto. Van, iso si, empatadas a puntos cos segundos, polo que a emoción é máxima para a xornada final do martes.

O Bosch Service Solutions de Canido, que ía segundo na clase cruceiro-regata, vai agora na cabeza tras desbancar ao Oral Group Galimplant de Sanxenxo. E o Balea Dous de Rodeira, logrou facerse coa primeira posición da clase cruceiro superando ao Fend la Bise de Baiona.

Na clase A Dous todos os participantes repetiron os mesmos postos que lograran na primeira xornada, polo que a clasificación xeral segue intacta, co Salaño Dos de Jacobo Veciño e Brenda Maure á cabeza, seguido do Q Talento Consultores, do Monte Real Club de Yates; e do Ay Carmela do Liceo Marítimo de Bouzas.

Na clase Fígaro, a espera do que suceda na xornada final do martes, o podio provisional ocúpano o Serralleiras de Elena Raga, o Erizana de Alberto Iglesias e o Tutatis de Octavio Villalba, todos do Monte Real Club de Yates.

Mañá luns será unha xornada de descanso para toda a frota fóra dos J80, que se seguirán disputando o Campionato de España a partir das once da mañá. Pola tarde, partir das cinco, o Monte Real Club de Yates volverá ofrecer aos participantes unha cea mariñeira e degustación de cervexas e gintonics.

TROFEO REPSOL • CLASIFICACIÓN PROVISIONAL TRAS A 2ª XORNADA (29/04/18)

CAMPIONATO DE ESPAÑA CLASE J80

  1. AD GRUPO GARATU • IKER ALMANDOZ • AD GARATU
  2. MAUI JIM SUNGLASSES • JAVIER AGUADO • RCM SANTANDER
  3. LA GALLOFA • JESUS AMALIACH • RCM SANTANDER

TROFEO REPSOL • CLASE CRUCEIRO REGATA

  1. BOSCH SERVICE SOLUTIONS • SANTIAGO ESTEVEZ • CM CANIDO
  2. ORAL GROUP GALIMPLANT • PEDRO PAZOS • RCN SANXENXO
  3. YOUKOUNKOUN • EDUARDO SEGADE • CN PORTONOVO

TROFEO REPSOL • CLASE CRUCEIRO

  1. BALEA DOUS • LUIS PÉREZ • RCN RODEIRA
  2. FEND LA BISE • JEAN CLAUDE SARRADE • MONTE REAL CLUB DE YATES
  3. ALBARELLOS • FERNANDO REY • CN PORTONOVO

TROFEO REPSOL • CLASE A2

  1. SALAÑO • JACOBO VECINO/BRENDA MAURE • RCN VIGO
  2. Q TALENTO CONSULTORES • JAVIER REY/JORGE JUSTO • MONTE REAL CLUB DE YATES
  3. AY CARMELA • JUAN MARTINEZ-PAZO/RAFAEL MARTINEZ-ALMEIDA • CN PORTONOVO

TROFEO REPSOL • CLASE J80

  1. AD GRUPO GARATU • IKER ALMANDOZ • AD GARATU
  2. MAUI JIM SUNGLASSES • JAVIER AGUADO • RCM SANTANDER
  3. LA GALLOFA • JESUS AMALIACH • RCM SANTANDER

TROFEO REPSOL • CLASE J70

  1. NOTICIA • JOSÉ MARÍA TORCIDA • RCM SANTANDER
  2. MARINA RUBICÓN • ALFREDO GONZÁLEZ • CD TÉCNICA Y REGATAS
  3. MARNATURA • LUIS BUGALLO • RCN VIGO

TROFEO REPSOL • CLASE FÍGARO

  1. SERRALLEIRAS • ELENA RAGA • MONTE REAL CLUB DE YATES
  2. ERIZANA • ALBERTO IGLESIAS • MONTE REAL CLUB DE YATES
  3. TUTATIS • OCTAVIO VILLALBA • MONTE REAL CLUB DE YATES