Sin categoría

Brais Gómez, segundo no Gran Premio Rogelio Acuña de Pontevedra

Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, conseguiu este sábado un segundo posto no II Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra de ciclismo, organizada polo Club Ciclista Farto e a Federación Galega de Ciclismo.

O baionés ocupou o segundo caixón do podio na categoría júnior, na que resultou vencedor Martín Soutullo Trigo, do Carballo a un Paso. Pechando o podio, César Pico Ferreiros, da Fundación Óscar Pereiro, en terceira posición.

Preto de 400 deportistas de todas as categorías ocuparon o centro da cidade nunha proba que discorreu por un circuíto de 1,7 quilómetros con saída e meta na Praza de España.